Cargando resultados...
Un de cada tres peóns usa o móbil mentres cruza nos pasos
A DXT advirte de que é unha práctica cotiá que dispara o risco de atropelo
O estudo tamén rebela que un 38 % cruza co semáforo en vermello de maneira frecuente
G24.gal
10/02/2026 14:42
Recoñecemos que usamos o móbil cando cruzamos nos pasos de peóns. Un xesto que xa é habitual nos viandantes malia que son conscientes do seu perigo.
O 35 por cento dos peóns cruza os pasos mirando o móbil, sen prestar a atención debida. É unha das conclusións dun estudo realizado pola DXT e que alerta dos riscos desta práctica.
O estudo tamén rebela que un 38 % cruza co semáforo en vermello de maneira frecuente e un 44 por cento admite facelo fóra dos pasos de peóns. No 2024 case a metade dos falecidos en accidentes en vías urbanas foron viandantes.