Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladada unha moza en Ourense tras orixinarse un incendio nun colchón por mor da batería dun móbil

Trasladada unha moza en Ourense tras orixinarse un incendio nun colchón por mor da batería dun móbil

Outras dúas persoas tiveron que ser evacuadas en Maceda ao rexistrarse un incendio nunha cociña, que se iniciou nunha tixola

G24.gal 05/05/2026 09:59

Unha muller tivo que ser trasladada en Ourense tras producirse un incendio nun colchón dun domicilio situado na rúa da Serra da Queixa por mor da batería dun móbil.

Segundo informou o 112 Galicia, pouco despois das 07:00 horas os bombeiros da cidade acudiron a este inmoble despois de seren alertados dunha intensa fumareda visible desde distintos puntos da contorna.

Unha vez no lugar, os efectivos do parque municipal comprobaron que a orixe do fume era o lume nun colchón, posiblemente por mor da batería dun móbil. Debido á acumulación de fume, que afectou por completo á vivenda, unha moza tivo que ser evacuada ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) con síntomas de intoxicación.

Ata o lugar, ademais dos bombeiros, desprazáronse profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local.

Incendio en Maceda

Doutra banda, dúas persoas necesitaron asistencia sanitaria por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio nunha vivenda do municipio ourensán de Maceda. Neste caso, o lume orixinouse pouco despois da medianoite. A esa hora os afectados contactaron co 112, sinalando que trataban de apagar o incendio cun extintor, pero o fume era persistente e impedíalles respirar ben.

Ao momento acudiron efectivos do 061 e membros do GES de Maceda, que concluíron os labores de extinción do incendio, que se orixinou nunha tixola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade