Móbiles reacondicionados, terminais que volven ao mercado tras seren revisados e reparados
Un reacondicionado pode ser un 40% máis barato que o terminal novo
Podería parecelo, pero non é o mesmo que un móbil de segunda man. Os terminais reacondicionados, son aqueles que son sometidos a un proceso de revisión e reparación dos fallos detectados antes de volver ao mercado.
Saímos á rúa e preguntamos... que é un teléfono móbil reacondicionado?
"Eu estou fóra do mercado". "Que tes que cambiarlle pezas ou que lle cambiaron pezas, non?".
"Ë como un móbil de segunda man, pero revisado por un profesional que comproba a amperaxe dos consumos, que a batería lle dure, que cumpra certas condicións tamén a nivel electrónico", explica Nelson Guerreo, reparador e reacondicionador de móbiles en Móvil Plus Coruña.
Nelson supervisa e vende este tipo de terminais. Faino baixo pedido. Di que non todos os reacondicionados son iguais. Na gama máis alta están os móbiles de tecnoloxía avanzada con apenas uso.
Canto máis básico o teléfono, menos tempo de garantía. En canto ao prezo, un reacondicionado pode ser un 40% máis barato que o terminal novo.