Publicador de contidos

Publicador de contidos

A 'whatsapite' ou como o móbil acaba coa nosa saúde

A 'whatsapite' ou como o móbil acaba coa nosa saúde

O abuso do teléfono e das novas tecnoloxías acuña doenzas propias, como tendinite ou problemas cervicais 

Mellorar a postura, restrinxir o uso e facer mais exercicio, claves para evitar lesións

G24.gal 17/02/2026 14:03

O abuso das novas tecnoloxías está mesmo a acuñar novos termos médicos. Agora temos a whatsapite, que é o nome que se lle dá a calquera doenza asociada ao uso excesivo do teléfono móbil. Molestias cervicais, inflamación de tendóns e dor en dedos, pulsos e costas. Son algunhas das doenzas asociadas coa whatsapite, que afecta a xente cada vez máis nova.

Pablo Salgado, responsable da Clínica Fisioterapia e Osteopatía PS, di que a problemática vai en aumento e a cada vez mais xente "ten dores cervicais, sobre todo cervicais altos e a zona dorsal alta tamén, dores na zona interescapular, é debido a que o móbil nos fai estar cada vez coa cabeza mais adiantada e os ombreiros fai que se nos vaian para adiante, e cargamos toda a musculatura cervical".

Previlo é ben fácil: deixar de mirar o móbil seguido, corrixir a postura e moverse mais. A whatsapite tamén pode ter connotacións psicolóxicas. Hai xente con nomofobia do móbil, que é o pánico a saír da casa sen o teléfono ou con vibransiedade, que son os que cren que recibiron unha comunicación.

Pero a medio prazo, os mais comúns van ser os problemas físicos, como afirma Pablo Salgado: "Afeccións como poder ser a tendinite de Quervain, unha tendinopatia dos músculos do dedo polegar, o ao ter o cóbado flexionado poden aparecer neuralxias de tipo cubital".

E se falla a prevención non queda outra que poñerse en mans de profesionais e establecer días sen tecnoloxías para descanso de corpo e mente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar