Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha farmacia de Noia faise viral con vídeos divulgativos nas redes sociais

Unha farmacia de Noia faise viral con vídeos divulgativos nas redes sociais

Claudia Leiceaga é farmacéutica, xunto a seu pai e irmá, tratan temas de saúde e resolven dúbidas sobre medicamentos

 Fan vídeos didácticos dunha maneira amena e sinxela nas redes sociais

G24.gal 23/05/2026 16:08

Unha farmacia de Noia estase a facer viral con vídeos nas redes sociais. Fan divulgación científica sobre a saúde, dan consellos sanitarios, resolven dúbidas sobre medicamentos e todo cun toque de humor.

Claudia Leiceaga comezou con vídeos nas redes sociais hai uns cinco anos. Quere compartir o seu día a día na farmacia familiar, que teñen en Noia, e facer un labor de divulgación con certo humor e orixinalidade.

"Que se vende un venres pola noite nunha farmacia de garda? Comezamos ás doce da noite, pídennos sildenafil, para que nos entendamos é como viagra, comezamos forte a noite, pa ra disfunción eréctil, sempre con prescrición médica", di nun dos seus vídeos de Instragram.

Claudia ten xa moitos seguidores nas redes sociais e de todas as idades.

"Pouco a pouco fun facendo vídeos, vin que á xente lle gustaba. Pacereceume unha idea moi boa para chegar a máis xente e levar a farmacia fóra do mostrador", comenta a farmacéutica.

"Falamos de como usar correctamente un medicamento, a desmontar mitos e dar pautas para que non cometan ese erro", engade Claudia Leiceaga.

Fai divulgación sanitaria, trata temas de sáude, resolve dúbidas... e faino con vídeos didácticos dunha maneira amena e sinxela. 

"Sempre con honestidade, peo sempre cunha base científica", asevera.

Con case 200 mil seguidores en instagram, tamén participan nas redes sociais a súa irmá e seu pai, que se vixo viral.

Consciente da súa repercusión, insiste en ofrecer consellos profesionais, contido relacionado co autocoidado e precaucións con automedicarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos