Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un motorista nunha colisión cun coche en San Sadurniño

Morre un motorista nunha colisión cun coche en San Sadurniño

O falecido saiu despedido do seu vehículo co impacto e quedou inconscente no chan

G24.gal 22/05/2026 20:03

Un motorista perdeu a vida nun accidente en San Sadurniño nunha colisión cun turismo. Ocorreu na estrada das Calvelas, na parroquia Santa Mariña do Monte.

O 112 Galicia recibiu aviso deste accidente contra as 19 horas, a través dun particular que se atopaba no punto e que xa explicaba que o home non respondía. Trátase dun motorista que saíu despedido tras chocar contra un coche.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico, así como os Bombeiros do Eume.

Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade