Recuperado o cadáver dun home nas inmediacións da Torre de Hércules
O corpo foi avistado pola tripulación dun pesqueiro a unha milla ao norte do faro romano da Coruña
Arquivo
Un equipo do Servizo de Gardacostas de Galicia recuperou este venres o cadáver dun home que apareceu aboiando ao norte da Torre de Hércules, na Coruña.
O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as dez desta mañá, cando a embarcación Punta Seixo Branco de Gardacostas recolleu o corpo sen vida dunha persoa.
Previamente, fora avistado pola tripulación dun pesqueiro a unha milla ao norte da Torre de Hércules, na Coruña.
Custodiado por axentes da Policía Autonómica, o cadáver permaneceu a bordo da embarcación de Gardacostas ata a chegada da lancha patrulleira da Garda Civil para a condución do corpo ata o Porto de Oza.
Os axentes de seguridade traballan na súa identificación.