Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña será un dos principais centros de observación a nivel internacional da eclipse solar do 12 de agosto

A Coruña será un dos principais centros de observación a nivel internacional da eclipse solar do 12 de agosto

Astrofísicos dos Estados Unidos e da Unión Europea, case 400 en total, van confluír en dous congresos na cidade

G24.gal 22/05/2026 10:31

Ver como ferve o plasma na superficie do Sol ou entender como funciona o magnetismo nas estrelas; desenvolver software e algoritmos de machine learning para estudar a cromosfera do sol, para, por exemplo, poder predicir tormentas solares. É parte do traballo dos investigadores  do grupo de astrofísica do CITIC, que acollerá en agosto o congreso de heliofísica.  Estudan tamén datos do satélite Gaia sobre a Vía Láctea.

A galega Minia Manteiga, á fronte do grupo, é tamén a presidenta da Sociedade Española de Astronomía (SEA), e axúdanos a comprender a excepcionalidade do fenómeno que veremos o 12 de agosto.

"É unha oportuniade para ser conscientes de que esa lúa que vemos no ceo é un satélite que xira entorno á Terra, que o Sol é moito maior e esta moitísimo máis lonxe, pero curiosamente vémolos case exactamente co mesmo tamaño angular, que o que permite que nas zonas da sombra da lúa vexamos unha eclipse total. Pero isto non vai ser así dentro de moitísimos anos porque a Lúa alónxase pouco a pouco da Terra, e verase máis pequena. Iso é debido a que as mareas están freando o movemento orbital da lúa e se a lúa vai máis lenta, para manter o equilibrio ten que afastarse un pouco. E xa non poderá tapar o sol totalmente", explica Minia Manteiga, catedrática de Astrofisica e presidenta da SEA.

Iso será dentro de moitisimos anos. A presidenta da SEA está traballando, en colaboración coa universidade de Berkeley, na organización dun congreso que reunirá 300 astrofísicos dos Estados Unidos e Europa na semana da eclipse solar.

A presidenta da Sociedade Española de Astronomía e investigadora do CITIC, Minia Manteiga, subliña a oportunidade histórica deste evento. A presidenta da Sociedade Española de Astronomía e investigadora do CITIC, Minia Manteiga, subliña a oportunidade histórica deste evento.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade