A sede provisional de Policía Nacional de Santiago funcionará desde este venres e o luns terá todos os servizos
A sede provisional de Policía Nacional de Santiago funcionará desde este venres e o luns terá todos os servizos
O Consello de Ministros aprobou un contrato de urxencia de 1,6 millóns de euros para acometer as obras de reparación e substitución da Comisaría afectada polo incendio
A nova sede provisional da Policía Nacional de Santiago, situada na rúa Feliciano Barrera Fernández número 9, comezará a operar na tarde deste venres. O primeiro servizo operativo será o de denuncias e atención ao cidadán, e o luns, 25 de maio, activaranse o resto.
Tres meses despois do incendio que afectou á comisaría compostelá, situada na Avenida de Rodrigo de Padrón, a Policía Nacional contará cunhas instalacións provisionais para desenvolver a súa actividade, situadas no barrio de Santa Marta. Ata alí trasladóuse o xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco Carrasco; e a comisaria xefa da Comisaría de Santiago, Nuria Palacios, para recibir ao delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, e ao subdelegado do Gobierno na Coruña, Julio Abalde, no novo espazo habilitado para os axentes.
Todos eles realizaron un percorrido polo edificio, que conta con distintos espazos, aínda que, remarcaron, a capacidade non permite esperas superiores a media hora anterior á cita, polo que só permitirán o acceso 30 minutos antes da hora fixada. Pedro Blanco agradeceu a "comprensión e paciencia" dos veciños de Santiago e tamén o traballo dos policías, que estiveron tres meses traballando nunhas condicións que só se entenden pola súa vocación de servizo".
Neste sentido, destacou que a sede provisional está "totalmente preparada para ofrecer un servizo de calidade", e reiterou o apoio do Gobierno central para volver canto antes ás instalacións da comisaría orixinal "tal e como merece a capital de Galicia, os santiagueses e profesionais que traballan nela".
De feito, lembrou que esta mesma semana o Consello de Ministros aprobou un contrato de urxencia de 1,6 millóns de euros para acometer as obras de reparación e substitución da Comisaría afectada polo incendio.
Servizos
Segundo explicou Pacheco, espérase que a Oficina de denuncias e atención ao cidadán (ODAC) empezo a funcionar a partir das 15.00 horas deste venres. O resto de servizos de atención ao público comezarán a realizarse nesta sede a partir do luns 25 de maio.
Igualmente, o servizo de expedición de DNI e pasaportes manterase na mañá do sábado nas furgonetas VIDOC situadas na Praza do Obradoiro para as persoas con cita previa. As citas poden solicitarse a través da web www.citapreviadni.es ou no teléfono 060.