Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan en Ribadavia a muller desaparecida desde este martes en San Amaro

Localizan en Ribadavia a muller desaparecida desde este martes en San Amaro

A moza, de 29 anos, foi rescatada da montaña con síntomas de hipotermia

G24.gal 23/10/2025 11:49 Última actualización 23/10/2025 18:25

Atopan a muller de 29 anos que estaba desaparecida desde o martes. Este xoves foi localizada en Ribadavia nunha zona de montaña. Os equipos de emerxencia rescatáronna con síntomas de hipotermia e foi trasladada a un centro médico para recibir asistencia.

Estaba desaparecida desde o martes. O último lugar en que a viran foi na zona de San Amaro, en Ourense. O Centro Nacional de Persoas Desaparecidas, dependente do Ministerio do Interior, foi quen deu o aviso, destacando ademais que a moza necesitaba medicación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade