Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan un hostaleiro de Padrón a 23 anos e medio de cárcere por agredir sexualmente dúas empregadas

Condenan un hostaleiro de Padrón a 23 anos e medio de cárcere por agredir sexualmente dúas empregadas

A sentenza do TSXG confirma a pena de 23 anos e medio de prisión para o hostaleiro por agredir sexualmente de forma continuada e en numerosas ocasións dúas empregadas durante anos aproveitando que ambas tiñan unha precaria situación económica

Terá ademais que pagar indemnizacións de 27.133,6 euros e 20.112,91 euros

G24.gal 23/10/2025 15:00

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a pena de 23 anos e medio de cárcere para un coñecido hostaleiro de Padrón que, en reiteradas ocasións, violou e ameazou dúas das súas empregadas.

Coa sentenza na man e, aínda que cabe recurso no Supremo, a Televisión de Galicia estivo con elas e escoitou o seu testemuño. Avogada e vítimas celebran un veredicto que cualifican de "xustiza social".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade