En Cervantes, tres persoas rotan para levar a súa veciña a traballar porque non conduce
A muller traballa no servizo de asistencia a domicilio e ten que percorrer a diario distancias que rondan os dez quilómetros
A beneficiaria está moi orgullosa dos seus veciños, aos que considera como membros da familia
Son os veciños de Carmen quen se ocupan de levala ao traballo e recollela á saída. Cada semana tócalle a un. Fan catro viaxes ao día con ela como pasaxeira.
Comenta Bernard Leglise que a xornada comeza "levándoa a Vilaver ás nove e recolléndaa ás dúas da tarde".
Carmen Santín, outra das persoas que axuda a que a súa veciña chegue ao seu traballo indica que "o seu marido faleceu, pero ela ten que seguir indo traballar e nos organizámonos para levala e facémolo con moito gusto".
Cada viaxe rolda os dez quilómetros. Grazas aos seus veciños Carmen continúa co seu traballo como asistenta a domicilio en dúas aldeas de Cervantes.
Julia Núñez, manifesta que cada un ten as súas ocupacións e que con motivo destas viaxes ao ir "todos os días véxoa".
Carmen está moi agradecida polo xesto que teñen con ela cada día. Considéraos da familia. Afirma que "son unha marabilla e o meu marido, se estivese hoxe, estaría moi orgulloso".
A Federación Veciñal de Lugo acáballes de recoñecer o título de V de veciño pola súa xenerosidade.