Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina unha casa na Mezquita que afecta a vivendas lindeiras

Un incendio calcina unha casa na Mezquita que afecta a vivendas lindeiras

O incendio orixinouse nunha vivenda da praza do lugar de Vilavella

Inicialmente foi necesario o desaloxo preventivo das vivendas

O incendio comezou contra as 3:20 horas da madrugada deste domingo

Imaxe do incendio da casa da Mezquita na madrugada deste domingo Imaxe do incendio da casa da Mezquita na madrugada deste domingo
G24.gal 14/12/2025 10:17 Última actualización 14/12/2025 12:49

Unha casa quedou queimada por completo nun incendio que se orixinou esta madrugada no concello da Mezquita e que afectou a vivendas lindeiras, na praza do lugar de Vilavella.

Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, o primeiro aviso dun particular recibiuse pasadas as 3:20 horas e, pouco despois, outras persoas advertiron de que as lapas xa se estaban propagando ás vivendas próximas a través do tellado.

Durante os traballos de extinción, os efectivos despregados procederon ao desaloxo preventivo das vivendas da zona.

O incendio xa quedou controlado, aínda que o GES da Gudiña continúa traballando para sufocar por completo as lapas. A vivenda na que se orixinou o lume quedou totalmente calcinada e as casas lindeiras sufriron diversos danos.

No operativo tamén participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron unha dotación ata o lugar, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da Mezquita

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade