Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Ides ver como arde", di mentras lle prende lume a un camión ocupado en Ribeira

"Ides ver como arde", di mentras lle prende lume a un camión ocupado en Ribeira

Barállase a vinganza porque o camión era o fogar un senegalés que puido ter un enfrontamento co atacante

A cabeza do tráiler leva anos abandonado no porto, embargada por Facenda, malia as críticas dos transportistas

 

G24.gal 22/05/2026 14:45

Había sospeitas e confírmanse. Vese nun vídeo colgado en redes do momento en que lle prenden lume ao camión que ardeu no porto de Ribeira. Identifícase un delincuente reincidente da vila, a quen todos coñecen e que hai un par de anos xa lle prendera lume a unha casa. Coméntase, pero é só un ruxerruxe, que tivera unha discusión co senegalés que fixo da cabina o seu fogar. 

"Movemento víase. Viñan a pillar porque se supón que o home este pasaba mercadoría", comenta un mariñeiro.

A porta do camión aberta, tal como se ve nos primeiros vídeos, foi o primero indicio que fixo saltar a lebre.

"Dise que lle botaron un produto acelerante deses que fal saltar todo", especula outro home que frecuenta o porto.

O certo é que o lume prendeu nun visto e non visto e nuns minutos a cabina quedou envolta polas lapas. 

"Empezou a saír fume pola porta e en cinco minutos foi todo polo aire porque el tiña aí todo. O que se ve é roupa que tiña el. Quedou sen nada", lamenta o mariñeiro.

"Cando chegamos xa vimos que o incendio está moi evolucionado, que está ardendo a cabeza tratora e os tanques de combustibl. Hai roupa acumulada e enseres na cabina pero non localizamos a ningunha persoa", confirma Moisés Fernández, cabo do Parque de Bombeiros de Ribeira.

O camión levaba anos abandonado. Protestaran os transportistas e tamén Portos de Galicia, que o tiña declarado residuo urbano, pero pouco se puido facer porque estaba embargado por Facenda. 

"A empresa foi á quebra. Mesmo había dous furgóns tamén, que nun vivía un marroquí que agora vive noutro lado", lembra o mariñeiro.

"Pídese que se retire porque non hai moitos estacionamentos de camións aquí no porto", explica outro traballador.

O senegalés que vivía alí non se deixou ver nas últimas horas. É un home de preto de 50 anos que leva anos asentado en Ribeira e que mesmo traballara no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade