Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o detido por romper a pulseira telemática e agredir a súa exparella nas Neves

Prisión para o detido por romper a pulseira telemática e agredir a súa exparella nas Neves

Está investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, lesións agravadas por parentesco, danos, delito continuado de quebrantamento de medida cautelar e quebrantamento de condena

G24.gal 22/05/2026 15:08

A xuíza do Tribunal de Instancia de Ponteareas decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do home de 53 anos de idade detido o pasado mércores tras desfacerse da pulseira telemática de control, presentarse en casa da súa exparella e atacala cun coitelo.

Segundo informaron fontes xudiciais, o home está investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, lesións con instrumento perigoso agravadas por parentesco, danos, delito continuado de quebrantamento de medida cautelar e quebrantamento de condena.

Os feitos ocorreron na mañá do mércores, cando o home quitou o dispositivo telemático e presentouse en casa da súa exmuller nas Neves, a pesar de ter en vigor unha orde de afastamento. Alí tratou de agredila cun coitelo, pero a filla de ambos interpúxose. A filla resultou ferida leve, mentres que o home fuxiu.

A Garda Civil puxo en marcha un dispositivo de busca, con apoio de medios aéreos, e finalmente localizou ao home esa mesma noite, no municipio veciño de Salvaterra, novamente nas inmediacións do domicilio da vítima. Alí causou danos no inmoble e en dous vehículos, pero a muller non estaba na vivenda, xa que fora trasladada para a súa protección.

Dáse a circunstancia de que o investigado saira recentemente de prisión, onde ingresou despois de ser condenado por unha agresión anterior á mesma muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade