Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Toledo acusado de matar a súa muller a coiteladas

Detido un home en Toledo acusado de matar a súa muller a coiteladas

O varón, de 48 anos, foi detido pola Garda Civil tras o crime 

EFE/Ismael Herrero EFE/Ismael Herrero
G24.gal 21/07/2026 09:27 Última actualización 21/07/2026 11:31

Un home de 48 anos foi detido este martes en Alameda de Sagra (Toeldo) tras presuntamente asasinar a súa parella cunha arma blanca no domicilio que compartían. 

Segundo informou o 112 de Castela-A Mancha, a agresión produciuse ás 05:16 horas nunha vivenda da Praza de España. Ata o lugar desprazáronse un médico de urxencias e unha UVI móbil, que non puideron facer nada por salvar a vida da muller. O presunto agresor foi trasladado ao Hospital de Toledo. 

A Policía Xudicial da Garda Civil asumiu a investigación, que apunta como principal hipótese a un novo caso de violencia machista. A vítima non figuraba no sistema de VioGén e non constaban antecedentes por feitos similares. 

De confirmarse á natureza machista do crime, serían 31 mulleres asasinadas pola violencia de xénero no que vai de ano en España e 1.372 desde 2003. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos