Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo acusado de tentar matar en Lugo a parella da súa exnoiva acepta tres anos de cárcere

Un mozo acusado de tentar matar en Lugo a parella da súa exnoiva acepta tres anos de cárcere

A acusación reclamaba penas que sumaban máis de 15 anos por intento de asasinato

G24.gal 15/09/2026 12:08

Un mozo aceptou este martes na Audiencia Provincial de Lugo unha pena de prisión de tres anos tras recoñecer ser autor de ameazas a súa exparella e de intentar matar a coiteladas a nova parella desta en xullo de 2023.

Os feitos, segundo o escrito de acusación, producíronse despois de que a muller puxese fin á relación que mantiña co acusado. A acusación solicitaba penas que sumaban 15 anos e dous meses de prisión, por un intento de asasinato, as ameazas e as lesións.

Con todo, tras a conformidade asinada este martes, terá que cumprir, ademais dos tres anos de prisión, 160 días de traballos á comunidade, pagar 480 euros de multa e manter a orde de afastamento ditada contra ambos por un período de 15 anos, todo iso sumando un delito de ameazas no ámbito familiar, dous de lesións e o homicidio en grao de tentativa.

A Fiscalía solicitaba tamén a expulsión do país, xa que non é de nacionalidade española, pero ao final desistiu de tomar esa medida debido a que se considera que ten suficiente arraigamento no país, no que está a traballar desde 2022.

A conformidade foi aceptada pola Fiscalía, que recoñeceu que tras os feitos, o home acudiu á comisaría e confesou o ocorrido, ademais de consignar xa o pago de máis de 21.000 euros de indemnización en favor da súa exmoza e a vítima facendo valer a atenuante de reparación do dano.

Os feitos, segundo o escrito de acusación, producíronse despois de que a muller puxese fin á relación que mantiña co acusado. O procesado, que naquel momento tiña 19 anos e sen antecedentes penais, mantivera unha relación de parella durante dous anos coa rapaza, de 18, coa que convivía desde maio de 2023 nun cuarto dun piso compartido en Lugo.

Segundo a acusación, ela puxo fin á relación e comezou outra con outro mozo, de 21 anos. O escrito sostén que o acusado non aceptou a ruptura. Un día, cando ela se dispoñía a saír do domicilio, recibiría unha mensaxe da súa nova parella e foi nese momento, segundo a acusación, cando o mozo lle manifestou que, se a vía con outro mozo, mataríaos.

Os feitos máis graves ocorrerían sobre as 00:47 horas do 25 de xullo de 2023. A moza acudiu ao domicilio para recoller roupa e coincidiu alí co acusado. Segundo o relato da acusación, o mozo saíu á rúa e, ao comprobar que a nova parella da súa exparella a esperaba, regresou á vivenda e colleu un coitelo da cociña.

A acusación sinala que a moza e outros dous compañeiros de piso intentaron impedir que saíse da vivenda. Durante o forcexo, o acusado empuxaría a súa exparella cara a un dos compañeiros para apartala da porta e intentaría darlle unha puñada, aínda que o golpe alcanzou o home no brazo ao interpoñerse.

Posteriormente, sempre segundo o escrito, o acusado conseguiu saír do domicilio acompañado dunha cadela e correu cara ao outro mozo co coitelo na man mentres lle dicía que o ía a matar. Ademais, acirrou o animal para que o atacase. A vítima intentou fuxir, pero a cadela mordeulle nunha perna e, tras escorregar e caer ao chan, foi alcanzada polo acusado.

A acusación sostén que o mozo lle asestou entón unha primeira coitelada por detrás con intención de acabar coa súa vida. Cando a vítima intentou levantarse e evitar que continuase apuñalándoa, dirixiuse cara ao acusado, que presuntamente lle asestou unha segunda puñalada no abdome e outra no pé.

A vítima conseguiría agarralo polos brazos para impedir novas agresións ata que chegou un dos compañeiros de piso e logrou separalos. Como consecuencia das feridas, o mozo sufriu varias lesións, tivo que ser operado de urxencia e tardou 54 días en curar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade