Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo activa un plan de tráfico polos actos do día das Forzas Armadas

Vigo activa un plan de tráfico polos actos do día das Forzas Armadas

Desde o venres haberá cortes de tráfico e reducción da mobilidade

Afectan a distintas zonas da cidade: a contorna do Náutico, de Balaídos e As Travesas

G24.gal 22/05/2026 14:19

O primeiro grupo, mil militares, chegará a este campamento no pavillón das Travesas nos próximos días. No Ifevi, agardan a que se desmonten os expositores de Navalia para comezar canto antes a instalación do segundo campamento. 

As actividades arrancan a próxima semana con exhibicións do persoal e material militar, demostracións das unidades de rescate e distintos encontros de músicas militares. Un dos pratos fortes terá lugar na praia de Samil, onde se efectuará a Revista Naval, presidida polo rei. 

O acto central será o sábado 30 de maio. Vigo alberga por primeira vez na súa historia o dispositivo militar máis importante do ano. 

Desde este venres xa hai restricións na mobilidade e cortes de tráfico en distintas rúas da cidade polos actos de celebración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade