Vigo prepárase para o Día das Forzas Armadas
O pavillón das Travesas, o IFEVI e o cuartel de Figueirido acollerán os 3.200 militares que participarán no desfile
Os responsables do grupo loxístico asúmeno como un exercicio máis de instrucción
A menos dun mes do Día das Forzas Armadas, a presenza miiltar en Vigo xa non pasa desapercibida. "Unha base loxísitica é como montar da nada un cuartel", explica o subtenente de infantería, José María Agudo, responsable do aloxamento que se está preparando no Pavillón das Travesas para un milleiro dos soldados que van participar no desfile.
"Neste complexo deportivo imos montar dúas cociñas, para 600 persoas cada unha; unhas cinco duchas. E todo o que se vai consumir aquí tanto de comida, auga, material eléctrico, de fontanaría, vai ser todo comprado en Vigo ou na provincia", explica o subtenente.
Ademais do das Travesas, vanse montar outros dous campamentos semellantes no IFEVI e na base Xeneral Morillo de Figueirido para outros 1.500 militares, parte tamén do adestramento permanente do exército.
"Montamos campamentos continuamente en campos de manobras ao longo de España e no exterior. Aínda que pareza moi rechamante montar un campamento desta entidade no centro dunha cidade como Vigo, para nós é unha instrución máis", conta o tenente coronel Enrique Costas.
Un traballo oculto para que o exército luza o 30 de maio as súas mellores galas nas rúas, o mar e os ceos de Vigo.