Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o detido en Chantada por agredir dúas persoas con arma branca na rúa

Prisión sen fianza para o detido en Chantada por agredir dúas persoas con arma branca na rúa

Segundo trasladou a Garda Civil, agresor e vítimas coñecíanse

Xulgados de Chantada (TVG) Xulgados de Chantada (TVG)
G24.gal 04/05/2026 18:57

A xuíza da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Chantada decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home detido no mesmo municipio por agredir outras dúas persoas.

Segundo informaron fontes xudiciais, o mozo está investigado por lesións. Axentes da Garda Civil detiveron un home como presunto autor dun delito de lesións, tras agredir outros dous individuos aos que coñecía e cos que tiña diferenzas previas.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo e do CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron a primeira hora da mañá deste domingo.

Sobre as 8:00 horas, os servizos de Emerxencias recibiron a chamada dun particular que solicitaba asistencia para un home que estaba a sangrar e que fora agredido na avenida de Monforte. O 112 alertou a Urxencias Sanitarias-061 e a Garda Civil.

Efectivos do Instituto Armado acudiron ao momento e alí detiveron o presunto autor da agresión, que tamén causara lesións a outro individuo. Segundo trasladou a Garda Civil, agresor e vítimas coñecíanse.

As persoas feridas son dous homes de 40 e 41 anos de idade, M.L.F. e I.M.F., que foron inicialmente atendidos nos servizos de Atención Primaria e logo trasladados en ambulancia de soporte vital básico ao Hospital de Monforte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade