Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Chantada un home tras agredir a dúas persoas cunha machada

Detido en Chantada un home tras agredir a dúas persoas cunha machada

Ao redor das 7.30 horas, cunha forte discusión na que o detido comezou agredir ao outro home cunha machada

A liorta empezou debido a unha rifa por débedas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 03/05/2026 17:31

A Garda Civil detivo este domingo un home de orixe marroquí tras agredir a outras dúas persoas, a unha delas cunha machada.

Segundo declaracións testemuñas, todo comezou na Praza de Santa Ana, ao redor das 7.30 horas, cunha forte discusión na que o detido comezou agredir ao outro home cunha machada, deixándolle importantes feridas no brazo dereito.

A pelexa trasladouse a unha cafetería da Avenida de Monforte. Alí, o agresor discutiu con outro veciño, e feriuno cunha botella de cervexa.

As testemuñas do suceso chamaron ao 112 para dar a voz de alarma, e a Garda Civil de Chantada e un equipo sanitario do 061 cunha ambulancia acudiron ao lugar.

Tras unha primeira atención no lugar dos feitos, os feridos foron trasladados ao hospital de Monforte.

Os axentes da Garda Civil mobilizados tiveron que perseguir ao agresor por varias rúas do centro de Chantada. Finalmente, lograron reducilo e foi detido. Segundo transcendeu, a liorta empezou debido a unha rifa por débedas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade