Ourense celebra a Festa dos Maios nunha xornada pasada por auga
Declarada Festa de interese Turístico de Galicia, a dos Maios é unha desas celebracións que cada ano enchen as rúas de Ourense
O público pode contemplar de preto as elaboracións que hoxe cobran vida cubertas de musgo, flores, carrabouxos e xestas
Ante a ameaza de chuvia houbo que poñer os maios a cuberto. As cores levábanos ata o noso rural.
"Era un motivo para que todas nos xuntemos. Varios días a semana xuntabamonos todas para tecer e para facelo".
Certo que hoxe a creatividade non falta, tampouco as gañas de ser parte da festa.
"Gústanos que a tradición non se perda e que os rapaces veñan, que aprendan a facer as figuras con musgo. O que recademos axúdanos para as actividades deportivas, os rapaces pásano ben, nós tamén, é un día de festa.
"Hai cousas que son sinxelas pero moi creativas, moi bonitas".
E nesta benvida a primavera non poden faltar as flores.
"Como é algo moi típico e tamén é típico da nosa zona, de Celanova, e como é feito todo á man, á xente gústanlle. Levamos vendidas moitísimas, si".
Maios e coplas comparten protagonismo na xornada de hoxe.
"Imos deixar pouso a nosa xeración para manter moi viva esta tradición. Este maio marcha co noso desexo: un mundo máis xusto grazas os colexios".
Porque os maios falan tamén do que pasou e do que pasa.
"O material está collido no monte, na zona de Cualedro. Foi un lume que veu dende Oímbra. Os Maios representan a benvida a primavera e Ourense está queimado".
A ponte romana, esa que ata onte era un segredo, da a benvida os visitantes na Praza maior.
"Cando empezas a ver que todo o mundo saca fotos eiquí darredor e che dá os parabéns, é bo sinal".
E estando en Ourense hai unha figura que non podía faltar.
"É o noso primeiro ano, estamos superemocionados de estar aquí, a verdade é que non esperabamos esta acollida e foi un éxito".
Nen sequera a chuvia foi quen de estragar a festa que hoxe se prolonga en ourense durante toda a xornada.