Vilagarcía celebra os maios: cantaron familias, amigos ou grupos escolares
Expuxeron corenta maios no parque Miguel Hernández
O día solleiro animou a celebración
Pequenos e maiores animáronse a cantar coplas o escenario
A primavera reloceu coa súa mellor cara e así foi que o parque Miguel Hernández tivo un gran ambiente na celebración dos maios de Vilagarcía. Un asistente di que o que máis lle gusta é ver a alegría dos pequenos, sobre todo en relación aos seus familiares e ver que a tradución continúa. Cantaron familias, amigos, grupos escolares.
Dende os centros educativos estiveron preparando con moito agarimo a súa participación. A profesora de música conta que ela creou as coplas e dúas nenas recitan. Unha nai da ANPA explica que eles se encargaron das estruturas dos maios. Cativada conta que o seu maio é o mellor e que celebran a festa ao grande.
En total hai corenta composicións florais e cinco modalidades de maios: caixa, barco, cruz, cónico e artístico, que é o que fixo Silvia, o faro das lúas. Di que súa nai é de alí e que vive no centro de Vilagarcía. Parecíalle unha bonita homenaxe facer un maio do faro.
Así as cousas, ben podemos confirmar que cada un destes maior de Vilagarcía ten o seu encanto particular.