Rouban 8.000 euros a unha empresa da Costa da Morte a través dunha ciberestafa
A Garda Civil investiga unha persoa que supostamente accedeu de xeito ilícito aos correos electrónicos da entidade
Conseguiu cobrar unha fatura pendente tras modificar o número de conta á que ía dirixida a transferencia
Axentes da comandancia da Coruña. FOTO: Garda Civil
A Garda Civil investiga unha persoa que supostamente consegiu defraudar 8.349 euros a unha empresa da Costa da Morte mediante unha estafa tecnolóxica de ciberdelincuencia.
Segundo informa a Benemérita, a vítima do calote presentou unha denuncia no concello de Corcubión e as forzas de seguridade conseguiron recuperar integramente a cantidade substraída.
Todo comezou cando a entidade, un establecemento hostaleiro da comarca, pagou unha fatura pendente a unha empresa proveedora pero, ao contactar con ela, decatouse de que os cartos non chegaran ao seu destino.
Tras abrir dilixencias, a Garda Civil descubriu que accederan de xeito ilícito ás contas do correo electrónico corporativo e, "unha vez obtido o control da comunicación", monitorizaron o fluxo de mensaxes.
Factura pendente
Logo de identificar unha factura pendente de abono, interceptaron o envío e modificaron o número de conta do beneficiario.
"Inducindo a erro ao receptor da mensaxe, quen realiza a transferencia crendo cumprir cunha obriga comercial lexítima".
A investigación permitiu bloquear de xeito preventido "os fondos transferidos antes de que fosen dispersados pola rede de contas" da organización, o que facilitou a recuperación dos 8.349 euros para a empresa prexudicada e identificar e localizar o autor da fraude.