Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña de vacinación de reforzo fronte ao meningococo B

Comeza a campaña de vacinación de reforzo fronte ao meningococo B

Os nenos e nenas recibirán esta dose de reforzo contra a meninxite tipo B cando acudan ao control de idade dos 12 anos

G24.gal 04/05/2026 16:39

Este luns comeza a campaña de reforzo fronte ao meningococo B. Galicia é pioneira en España en incluíla no calendario vacinal.

Os nenos e nenas recibirán esta dose de reforzo contra a meninxite tipo B cando acudan ao control de idade dos 12 anos. Son preto de 22.000 adolescentes.

A medida busca consolidar a protección nunha idade clave, a adolescencia, e reducir a circulación dunha enfermidade pouco frecuente pero moi grave e nalgúns casos fatal.

As familias non teñen que solicitar unha cita especial para esta vacina. Recibirana durante a visita á pediatra e enfermería do control rutineiro dos 12 anos.

Hai poucos días faleceu unha nena de 11 anos en Ourense con síntomas de infección meningocócica masiva e a consellería puxo en marcha o protocolo de control a máis dun cento de contactos estreitos da menor.

A mediados de xuño tocará, pois, volver ao centro de saúde a poñer a segunda dose. En Galicia calcúlase que serán preto de 22.000 rapaces os que recibirán esta vacina de reforzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade