Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte dun neno de oito anos que caeu dunha altura de quince metros nun centro de menores de Fisterra

Investigan a morte dun neno de oito anos que caeu dunha altura de quince metros nun centro de menores de Fisterra

Os equipos sanitarios atenderon ao menor no lugar pero non lograron salvarlle a vida

G24.gal 04/05/2026 18:48 Última actualización 04/05/2026 19:42

A Garda Civil investiga a morte dun neno de oito anos que caeu desde unha ventá dun centro de menores en Fisterra.

O aviso chegou ao 112 Galicia ás 16:57 horas deste luns. A chamada alertaba de que o menor se precipitara desde unha ventá do centro de menores Nosa Señora do Carme.

Ao lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, incluído un helicóptero medicalizado. Os equipos intentaron atender o menor, pero non puideron salvarlle a vida.

A Garda Civil asumiu a investigación do caso e traballa para esclarecer as circunstancias do ocorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade