Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Reigosa estuda denunciar na policía as ameazas e os insultos recibidos

María Reigosa estuda denunciar na policía as ameazas e os insultos recibidos

O episodio máis violento viviuse o pasado xoves no último pleno ordinario do concello

 

María Reigosa foi increpada no último pleno de Lugo previo ao debate da moción de censura. Carlos Castro/EUROPA PRESS María Reigosa foi increpada no último pleno de Lugo previo ao debate da moción de censura. Carlos Castro/EUROPA PRESS
G24.gal 02/05/2026 16:30

María Reigosa estuda denunciar na Policía Nacional as ameazas recibidas nos últimos días. 

A gota que colmou o vaso aconteceu o xoves pasado no último pleno do concello de Lugo. Un grupo de persoas irrompeu a berros no salón de plenos. Con insultos e o lanzamento de moedas reventaron a sesión e centraron a súa ira na concelleira que vai apoiar a candidatura de Elena Candia na moción de censura do próximo sete de maio. 

A exconcelleira socialista aguantaba aparentemente tranquila desde o seu asento. Tras os incidentes a policía local tivo que desaloxar o salón de plenos para que se puidese retomar a sesión. 

Antes da celebración do acto institucional tivo lugar unha concentración diante do Casa Consistorial. Unha protesta que contou co apoio de dirixentes políticos entre os que estaba o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e o responsable local do BNG Rubén Arroxo. 

O Tribunal Constitucional anulou en xuño do pasado ano a norma que impedía prosperar as mocións de censura que dependesen do voto dun concelleiro non adscrito ou tránsfuga.  Desde entón,  oito concellos galegos cambiaron o bastón de mando co apoio de concelleiros tránsfugas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade