Publicador de contidos

Publicador de contidos

O buque patrulla Cabo Fradera de Tui abre as súas portas á cidadanía no día das Forzas Armadas

O buque patrulla Cabo Fradera de Tui abre as súas portas á cidadanía no día das Forzas Armadas

Os membros da dotación do patrulleiro ensinan aos visitantes en que consiste o seu traballo cando navegan o río Miño

O patrulleiro Cabo Fradera é único buque da Armada española que ten a súa base lonxe do mar;  opera todo o ano desde a Comandancia Naval do Miño en Tui 

Fiscaliza e vixia 77 quilómetros do tramo internacional do río Miño desde que foi botado en Tui en setembro do ano 1963

G24.gal 07/06/2025 14:11 Última actualización 07/06/2025 14:53

En Tui o buque da Armada Cabo Fradera celebra o día das Forzas Armadas abrindo as súas portas á cidadanía. Os membros da dotación do patrulleiro ensinan aos visitantes en que consiste o seu traballo cando navegan o río Miño.

O único buque da Armada española que ten a súa base lonxe do mar é o buque Cabo Fradera que opera todo o ano desde esta Comandancia Naval do Miño en Tui.

Este sábado amenceu vestido de gala para celebrar o Día das Forzas Armas. E con este motivo os civís que o quixeron, e foron bastantes, puideron visitar o seu interior e aprender de primeira man cales son as súas funcións cando patrulla na fronteira fluvial hispano-lusa.

O buque Cabo Fradera leva fiscalizando e vixiando setenta e sete quilómetros do tramo internacional do río Miño desde que foi botado aquí en setembro do ano 1963. Sesenta e dous anos de control marítimo e de protección dos interess do litoral galego. Desde decembro a abril este buque intensifica o seu traballo para evitar a pesca furtiva da lamprea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade