Vigo acollerá o desfile do Día das Forzas Armadas do ano que vén
O anuncio fíxoo o alcalde, Abel Caballero
Celebrarase o 30 de maio

O alcalde de Vigo anunciou que a súa cidade acollerá en 2026 o desfile das Forzas Armadas. Concretamente, celebrarase o sábado 30 de maio, segundo indicou o primeiro edil vigués.
Caballero sinalou que hai uns días a ministra de Defensa, Margarita Robles, e o xefe do Estado Maior (XEMAD), o almirante Xeral Teodoro Esteban López Calderón, avanzáronlle por teléfono que Vigo fora "seleccionada e elixida". Este luns, o XEMAD confirmoulle oficialmente que o desfile das Forzas Armadas será en Vigo.
Caballero lembrou que este acto está presidido polos reis de España, e advertiu da "enorme tradición de apoio ás Forzas Armadas" da cidade que dirixe. O alcalde afirmou que é "momento" de volver trasladar desde Vigo o apoio ás Forzas Armadas.