Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas percorren Madrid nunha manifestación pola vivenda digna

Milleiros de persoas percorren Madrid nunha manifestación pola vivenda digna

A protesta levou o lema "A vivenda cústanos a vida. Baixemos os prezos"

Os manifestantes esixen "medidas urxentes" ante o que consideran unha "crise sen precedentes"

G24.gal 24/05/2026 14:17

Madrid acolleu este domingo unha manifestación pola vivenda digna. Baixo o lema "A vivenda cústanos a vida. Baixemos os prezos", milleiros de persoas percorreron varias rúas da cidade.

Os manifestantes esixen "medidas urxentes" ante o que consideran unha "crise sen precedentes" e protestan contra uns "ataques do modelo rentista que baleira os barrios".

A protesta esixe recuperar os contratos de alugueiro indefinido, acompañado dunha baixada dos alugueiros e que ningunha familia teña que gastar máis do 30 por cento dos seus ingresos para acceder a unha vivenda digna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade