Tres praias do concello de Muxía terán permitido o acceso de cans este verán
O Pleno do Concello acaba de aprobar esta medida, que vai converter Muxía nun dos concellos con máis praias caninas
A partir deste verán, tres praias do concello de Muxía terán permitido o acceso con cans.
O Pleno do Concello aprobou esta semana habilitar os areais de Borreiros, o de Area Grande de Leis e o de Espiñeirido. Con todo, as persoas que accedan a estas praias cos seus cans deberán telos baixo o seu control.
"Nesas tres praias, as persoas interesadas van poder ir coas súas mascotas libremente, sen problema ningún. Iso non quere dicir que poidan perdelas de vista e non telas controladas, porque poden ocasionar calquera tipo de molestia, ou lesión, ou agresión a outro animal ou a calquera persoa", explica o responsable da Polícía Local de Muxía, José Manuel Blanco.
No resto de praias de Muxía, vaise pemitir o acceso de cans con horarios restrinxidos: antes das 11 da mañá e despois das 8 da tarde.
"Paréceme unha idea fantástica, porque fai pouco non deixaban cans na praia, así que... ben, xenial".
"Eu creo que é unha boa medida, porque sendo respectuoso e non habendo problema..., moita xente que temos mascota podemos gozar tamén".
Con esta medida, Muxía convértese nun dos concellos galegos con máis praias onde se permite o acceso de cans.