Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros rescatan un cadeliño que caera por unha tubaxe en Beade

Os bombeiros rescatan un cadeliño que caera por unha tubaxe en Beade

Rastrexaron por toda a leira ata que deron cunha arqueta e sacárona botando auga a presión

G24.gal 01/09/2026 13:40

Unha cadeliña atrapada nunha tubaxe tivo en suspense os veciños de Beade. Ten só un mes e vive de milagre. Coouse por unha tubaxe nunha leira de Beade, e para sacala tiveron que intervir oito bombeiros, porque nun primeiro intento non lograron sacala. Durante máis de seis horas tentaron localizala traballando en diversos puntos da propiedade. Como conta Valentina, a neta dos propietarios, foi moi complicado sacala, os bombeiros tiveron que acudrir en dúas ocasacións, pero al final conseguiron salvala.

Os bombeiros botaron auga a presión ata que a cadeliña emerxeu por unha arqueta. A resultas do rescate, a cadeliña foi bautizada... Di Valentina que dubidaban entre Bombeira ou Arqueta... Finalmente foi Arqueta. A cadeliña está xa máis tranquila, e non ten intención de achegarse máis a ningunha tubaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade