Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nun garaxe da Coruña calcina tres vehículos e afecta outros tres

Un incendio nun garaxe da Coruña calcina tres vehículos e afecta outros tres

Os bombeiros confirmaron que rexistráronse danos estruturais nas instalacións, aínda que non quedou ferida ningunha persoa

G24.gal 27/10/2026 09:52 Última actualización 27/10/2026 10:34

Un incendio declarado na noite deste luns nun garaxe da Coruña calcinou tres vehículos e afectou a outros tres. Ademais, rexistráronse danos estruturais nas instalacións, aínda que ningunha persoa quedou ferida, segundo informou o 112 Galicia.

En concreto, foi un particular quen informou ao 112 Galicia de que saía fume dun garaxe da rúa do Pintor Francisco Lloréns, en Visma.

Esta información trasladouse de inmediato aos Bombeiros e aos axentes das policías Nacional e Local da Coruña.

Os equipos de extinción desprazáronse rapidamente ao lugar e atallaron as chamas, que calcinaron tres vehículos e afectaron a outros tres, entre eles unha moto.

Como confirmaron os bombeiros, rexistráronse danos estruturais nas instalacións, aínda que ningunha persoa resultou ferida.

Queda pendente a visita de Policía local e Científica, con presenza de bombeiros, para analizar os danos e adoptar as medidas preventivas necesarias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade