Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baiona prohíbe o baño na praia da Concheira por contaminación microbiolóxica

Baiona prohíbe o baño na praia da Concheira por contaminación microbiolóxica

Desde a concesionaria do servizo integral da auga indican que podería estar relacionada co último episodio de precipitacións

No que vai de verán outros tres areais do concello estiveron pechados temporalmente pola mesma contaminación

G24.gal 03/09/2026 20:03

O Concello de Baiona anunciou este xoves que a praia da Concheira permanecerá pechada ao baño ata novo aviso por mor dun novo episodio de contaminación microbiolóxica detectado polo Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño da Xunta de Galicia.

Desde a empresa concesionaria do servizo integral da auga Gestagua indican que a posible causa da contaminación pode estar relacionada co último episodio de precipitacións.

Ante estes resultados, e seguindo o protocolo establecido para garantir en todo momento a protección da saúde pública, o Concello procedeu a adoptar as correspondentes medidas preventivas neste areal, mantendo temporalmente prohibido o baño ata que os novos controis analíticos confirmen que as augas volven reunir as condicións sanitarias esixidas.

No que vai de verán, Baiona sufriu varios episodios como o que agora se produce na Concheira. Outros areais, como A Ladeira, Santa Marta ou Ribeira, estiveron pechados ao baño temporalmente nalgún momento por contaminación microbiológica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar