Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amor nos ximnasios: buscar parella suando a camiseta

Amor nos ximnasios: buscar parella suando a camiseta

Os centros de adestramento son lugares de socialización en auxe

Varias relacións que comezaron entre pesas remataron no altar 

Entre exercicio e exercicio sempre hai tempo de socializar
G24.gal 03/09/2026 18:39

O ximnasio era tradicionalmente o lugar para poñerse en forma, pero hoxe semella que esa definición queda curta. Aquí xorden relacións que acaban en algo máis

"Disque si... Eu como veño coa miña parella, e non sei, pero por aquí vese ben que hai bastante ligoteo", di unha moza.

"Si, e a idade non é unha barreira. Eu xa vin combinacións de moitos tipos", comenta outro mozo. 

Coma eles, a maioría da xente está concentrada nos seus exercicios, non en buscar parella.

"Nooon! Eu estou contento co que teño na casa e non teño que andar buscando por fóra", comenta un deportista.

Claro que tamén hai quen bota máis tempo falando que levantando pesas. As clases ou os exercicios en grupo propician as relacións. Son o caladoiro perfecto para pescar algo...  

"Eu non, pero si que se mocea, si. A xente que é guapa si que conquista. Os demáis vimos adestrarnos precisamente para poder mocear!", chancea un home.

1.000 persoas todos os días

Os ximnasios son un lugar máis de socialización. A saúde, o deporte e o culto ao corpo están en voga, e por iso cada vez hai máis matriculacións e máis negocios novos. Ao Unit365 do Milladoiro van máis de 1.000 persoas facer exercicio cada día.

"É habitual que veñan grupos, que se fagan amigos novos ou que se organicen ceas", di Pablo Chamosa, monitor do ximnasio.

"Si, si... Imos correr xuntos, imos adestrarnos xuntos... imos casar", resume ironicamente un mozo.

Varias relacións que empezaron entre pesas remataron no altar. Así que xa saben... Nada de bares. Se buscan parella, vaian pensando en suar a camiseta...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade