Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller morre en Sanxenxo atropelada por un coche que invadiu a beirarrúa

Unha muller morre en Sanxenxo atropelada por un coche que invadiu a beirarrúa

A vítima levaba a filla de dous anos no colo, que está fóra de perigo, pero foi trasladada ao hospital

Tamén estaban o pai e a avoa da nena, que sufriu un ataque de ansiedade no lugar dos feitos

O accidente ocorreu sobre as 19:30 horas á altura do restaurante A Postiña, no concello de Sanxenxo

A Garda Civil no lugar dos feitos
G24.gal 24/05/2026 21:16 Última actualización 25/05/2026 09:35

Unha muller de 37 anos, veciña de Pontevedra, faleceu na tarde deste domingo en Areas, no concello de Sanxenxo, atropelada por un coche que invadiu a beirarrúa cando tentaba esquivar un vehículo, parado nun paso de peóns.

De acordo co relato da Garda Civil, para evitar bater contra o turismo, o condutor xirou e alcanzou a vítima que levaba no colo a súa filla de dous anos. A pequena, protexida polo corpo da nai, está fóra de perigo.

Segundo informa o 112, a falecida paseaba co home e coa avoa da nena, que sufriu un ataque de ansiedade. Ambas as dúas foron trasladadas ao hospital Montecelo de Pontevedra por precaución.

Negativo en alcol e drogas

A causa principal que se baralla é o exceso de velocidade, xa que a freada se rexistrou a 60 Km/h pero a vía, situada na parroquia de Bordóns, está limitada a 50. O condutor deu negativo no control de alcol e drogas.

O accidente produciuse sobre as 19:30 horas na estrada PO-308, á altura do restaurante A Postiña, no quilómetro 14,200. As forzas de seguridade tiveron que desviar o tráfico porque a calzada quedou cortada en ambos os dous sentidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade