Un restaurante en Quiroga reabre grazas os veciños logo de que un incendio calcinase o que tiñan
O negocio está promovido por unha parella de emprendedores valencianos que recoñecen que a colaboración dos residentes foi decisiva para volver a ter un establecemento propio
Encontramos a Laura e Jeyco nunha pausa no seu traballo. Esta parella de valencianos son os donos deste restaurante de Quiroga desde hai uns meses. É o segundo que abren logo de que un incendio arrasase o que tiñan anteriormente no Courel. Se volveron emprender foi polo apoio dos veciños.
Levaban un ano co seu restaurante aberto no Courel cando un incendio o calcinou por completo. Perdérono todo, menos os ánimos.
Desde primavera teñen estoutro negocio, onde Jeyco aplica os seus estudos de cociña nun establecemento tradicional do mundo rural. De novo, amosa o seu agradecemento aos veciños.
Sen vencellamento previo co lugar, Laura e Jeyco confesan que se sinten como en familia.