Os veciños do Irixo gravan un vídeo viral para promocionar o seu número da lotaría de Nadal
Trátase dunha iniciativa que puxo en marcha hai tres anos a Comisión de Festas do Campo para recadar cartos para as celebracións de agosto e dinimazar a vida no concello
Nin un soño nin a predición dunha meiga conseguiron que os veciños do Irixo lograran o primeiro premio da lotaría por iso, este ano, decidiron mandar ao señor Lisardo a falar co mesmisimo San Pedro.
Tras un atropelo mortal acaba no ceo pero aínda non é a súa hora. Debe voltar e faino co número que, segundo din, resultará agraciado no sorteo de Nadal. É o argumento do terceiro vídeo que gravan e protagonizan os veciños deste concello ourensán.
Cos anteriores esgotaran os décimos para o sorteo do Neno en tan só 48 horas, por iso este ano decidiron vender lotaría para Gordo de Nadal.
En tan só dous días circulando polas redes xa consegurion dobrar as vendas. Cartos que destinarán a financiar as festas de Santa María do Campo pero o máis importante, din, é a ilusión e a implicación dos veciños ademais da repercusión do seu traballo. Agora só agardan que San Pedro lles traia, por fin, a sorte.