Veciños de Baio alertan do perigo dun poste que ameaza con caer á vía pública
Piden que se adopten medidas antes de que suceda unha desgraza
Os veciños de Baio, no concello de Zas, están preocupados desde hai uns meses pola situación en que se atopa un poste de telefonía situado na céntrica avenida da Coruña.
Avisan do perigo que supón para viandantes e condutores, xa que na parte máis baixa está completamente roto e nos días de moito vento abanea sen parar. Piden que se tomen medidas antes de que suceda unha desgraza e poida provocar danos persoais ou materiais.
O poste está en medio das casas e desde novembro corre o risco de caer. Hai tempo que puxeron este feito en coñecemento do Concello de Zas para que se tomen as medidas oportunas pero, din os veciños, que non o solucionan.
Estas últimas semanas, por mor do mal tempo, a deterioración fíxose aínda máis evidente.