Galicia recupera o AVE madrugador, que permite estar en Madrid ás 10.30 da mañá
O tren sae de Lugo ás 5.20 e para en Sarria, Monforte, Ourense e A Gudiña
Renfe modifica os horarios de varias frecuencias para mellorar o servizo
Renfe modifica desde este mércores, día 20, os horarios dos trens de alta velocidade de Galicia a Madrid. A novidade principal é a reconversión do Alvia Lugo-Madrid nun tren madrugador.
Adianta a súa saída das once ás cinco e vinte da mañá, o que permite chegar á capital ás 10.30 e facilita a opción de ir e vir no mesmo día. Fará as paradas habituais, en Sarria, Monforte, Ourense e tamén na Gudiña, onde levaban tempo reclamando recuperar este servizo.
Galicia tamén gaña un tren directo a Madrid pola mañá. Sae ás 5.50 de Vigo e fai paradas en Santiago e en Ourense, pero suprime as de Castela e León para reducir tempos. Onde máis queixa teñen é en Vigo, xa que o 75 por cento dos trens que lles dan servizo fan parada en Santiago, o que consideran que ralentiza a viaxe.
Tamén hai cambios nas saídas dende Madrid. Agora o primeiro tren con destino Galicia parte ás 6.30 mañá e chega á Gudiña ás 8.30.