Obrigado a compartir o premio de lotería co amigo co que xogaba a medias
Só tiñan un acordo verbal, pero as testemuñas deixaron claro que ambos xogaban a medias
A xustiza obriga un veciño de Tomiño a darlle parte dun premio de lotería a un amigo co que adoitaba xogar. O curioso da sentenza é que só tiñan un acordo verbal, pero que a xuíza dá por válido.
Os veciños de Tomiño levaban anos xogando. Adoitaban ir xuntos onda o vendedor da ONCE e riscar cadanseu boleto. Hai 4 anos tocoulle a un deles e foron a un bar celebrar, pero o outro non viu un peso do premio. Pagaba a pena denunciar se non tiñan nada por escrito?
Neste caso, que levaron os tribunais de Tui, había testemuñas que inclinaron a balanza a favor do demandante. Con todo, este tipo de disputa non é tan estraña.
Finalmente, ese veciño de Tomiño recibirá os 100.000 euros acordados.