Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de Papás Noel percorren Ourense en moto cun fin solidario

Centos de Papás Noel percorren Ourense en moto cun fin solidario

O recadado destinarase a campaña de xoguetes solidarios de Cruz Vermella

G24.gal 13/12/2025 19:53 Última actualización 13/12/2025 20:19

A sexta edición da Papanoelada moteira de Ourense encheu as rúas da cidade do ruxir das motos e a cor vermella dos traxes.

Saíron de Expourense e percorreron uns nove quilómetros ata rematar no parque Barbaña, onde houbo música, chocolate e varios sorteos, unha iniciativa que naceu para unir a paixón polas dúas rodas e o espírito de Nadal, pero que ten ademais un cariz solidario. O recadado destínase á Cruz Vermella para que ningún neno quede sen xoguetes nestas datas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade