Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intervidos en Mos máis de 5.000 xoguetes e artigos que incumprían a normativa

Intervidos en Mos máis de 5.000 xoguetes e artigos que incumprían a normativa

A Garda Civil retirou centos de bonecos, xogos, punteiros láser e lentes graduadas nun comercio grosista por posibles infraccións en materia de seguridade, sanidade e contrabando

G24.gal 12/06/2026 11:15 Última actualización 12/06/2026 11:39

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Pontevedra interviñeron máis de 5.000 artigos nun establecemento grosista de Mos tras detectar diferentes incumprimentos da normativa durante unha inspección realizada o pasado 1 de xuño. 

A actuación desenvolveuse no marco unha campaña de control dos produtos postos á venda ao público, co obxectivo de localizar posibles artigos de contrabando, de procedencia fraudulenta ou que puidesen supoñer un risco para consumidores e usuarios. 

Como resultado da inspección, os axentes retiraron 720 bonecos, 2.918 xogos de bloques, 916 xogos de dados, 36 xogos de cartas, 585 punteiros láser e 933 lentes graduadas, ao considerar que non eran aptos para a súa comercialización por incumprir a normativa vixene. 

O xerente do establecemento foi informado das presuntas infraccións detectadas e levantáronse as correspondentes actas por vulneración da Lei de Represión do Contrabando, así como por incumprimentos en materia sanitaria, da seguridade dos xoguetes e de IVE. 

A Garda Civil lembrou que a adquisición de produtos que cumpran coa normativa é unha garantía para a seguridade dos consumidores, e destacou a imponaica da colaboración cidadá para detectar e retirar do mercado artigos que poidan supoñer algún risco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade