Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana de premios coa Bonoloto en Lugo e Laxe

Fin de semana de premios coa Bonoloto en Lugo e Laxe

Os últimos sorteos desta lotería repartiron case 2 millóns de euros entre a capital lucense e a vila bergantiñá

Os seis acertos do boleto selado en Lugo supoñen un premio de máis de 700.000 euros
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 21/09/2026 13:34

A administración de loterías número 8 de Lugo está de parabéns. Neste despacho foi validado o único boleto que acertou os seis números da combinación gañadora no sorteo deste domingo, premiado con máis de 700.000 euros. 

"Levabamos bastante tempo sen dar premios contundentes, e isto dános un pequeno empuxón que se fai notar no trato cos clientes, máis agradable. Repetirlles que non ten premio vai cansando, e cando vén algo así agradécencho. O sorriso da cara é diferente", sinala o loteiro José Benigno Yáñez. 

Este é, de feito, o segundo maior premio repartido ata o momento polo loteiro da luguesa rúa Quiroga nos case 30 anos a cargo do negocio. Habería que remontarse a comezos de século para dar con outro de maior contía, tamén da Bonoloto. 

"É a segunda Bonoloto de seis que vendemos. Despois, cada trimestre hai premios pequeniños, pero non desta relevancia. Ao mellor aparece unha de cinco e o complementario, pero a de seis é máis complicado darlle no cravo. E vaia, aí estamos", exclama Yáñez. 

Pero non foi o único premio importante repartido pola Bonoloto esta fin de semana na nosa terra. O que tocou en Lugo súmase a outro aínda maior, de case 1.200.000 euros, correspondente a outro boleto acertante de primeira categoría no sorteo do venres, que foi selado en Laxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade