Incáutanse de máis de 1.300 artigos nun bazar de Soutomaior por deficiencias de seguridade
A Garda Civil retirou da venda produtos valorados en 24.000 euros por incumpriren a normativa de consumo
Garda Civil
A Garda Civil incautouse nun bazar de Soutomaior (Pontevedra) dun total de 1.378 artigos por presentaren graves deficiencias de seguridade e incumprir a nomativa de protección das persoas consumidoras. O material retirado está valorado en 24.000 euros.
A actuación foi realizada o pasado 7 de xullo pola Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Pontevedra durante unha inspección no establecemento. O responsable do negocio, un veciño de 42 anos, foi denunciado administrativamente por unha infracción grave.
Produtos sen garantías
Entre as irregularidades detectadas figura a ausencia dun operador ou responsable legal no territorio da Unión Europea e deficiencias na etiquetaxe obrigatoria, que non estaba en castelán.
Entre o material inmobilizado había 490 paneis solares, 315 focos de luz, 152 altofalantes, 74 lanternas, 65 cámaras de videovixilancia, 52 luces de emerxencias para vehículos e 30 xogos de coitelos de cociña.
Todos os produtos quedaron precintados e á disposición da autoridade competente en materia de consumo, á espera das correspondentes sancións.