Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Conxo, en Santiago, denuncian os conflitos que xeran os ocupas dun narcopiso

Veciños de Conxo, en Santiago, denuncian os conflitos que xeran os ocupas dun narcopiso

O ocupa tiña o piso alugado, pero rescindíronlle o contrato e non marchou

Os veciños denuncian que trafica con estupefacientes e que a trasfega de xente xera un ambiente inseguro e conflitivo

Hai uns días, durante unha liorta entre o ocupa e outras persoas, esnaquizaron o portal do edificio por segunda vez

Imaxe do portal esnaquizado tras a liorta protagonizada hai uns días polo ocupa e outros descoñecidos
G24.gal 21/09/2026 13:53

Hai uns días, durante unha liorta entre o ocupa que reside no primeiro andar do edificio número 49 da rúa compostelá de Sánchez Freire e outros descoñecidos, romperon o portal do inmoble.

O home, que está tutelado pola FUNGA, tiña un contrato de alugueiro, pero tras as queixas dos veciños polo seu comportamento incívico, o propietario rescindiulle o contrato. Pero, lonxe de marchar, o inquilino segue ocupando a vivenda, que se converteu, segundo os veciños, nun narcopiso.

Aseguran que o ir e vir de xente que acode mercar droga é constante día e noite. Mesmo describen como alguns consomen a droga nas escaleiras ou nos corredores da comunidade.

Ademais do tráfico de estupefacientes, o que máis angustia os veciños son as pelexas e situacións violentas que se producen. Describen patadas nas portas, berros, lanzamento de mobles pola fiestra á rúa. Pero o que máis lles preocupa é a seguridade dos seus fillos, que viven con medo de saír á rúa. Foi o caso da filla de Sarah, unha muller norteamericana que reside no inmoble e que faltou á clase porque tiña medo o día que romperon o portal.

A Policía Nacional confirmou que este caso está baixo investigación, pero a paciencia dos veciños está ao límite. Tres xa se mudaron, ao non soportar este ambiente de violencia e inseguridade, pero o resto ou non poden ou non queren trasladar as súas vidas, polo que esixen solucións antes de que ocorra algo grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade