Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguridade dixital, novos e maiores apenas toman conciencia dos riscos tecnolóxicos

Seguridade dixital, novos e maiores apenas toman conciencia dos riscos tecnolóxicos

Na cátedra da USC e o INCIBE avalían os riscos e ofrecen solucións para empresas e particulares e aseguran que compre un marco xurídico que protexa os dereitos das persoas fronte aos posibles usos negativos da tecnoloxía

G24.gal 23/10/2025 15:10

"Todos imos ser atacados", recalca de entrada Isabel Neira Coordinadora de Transferencia da cátedra da USC-INCIBE. Partindo desta premisa desde a cátedra seguen procurando que tanto os cidadáns en xeral coma as empresas, sobre todo as pequenas, se protexan máis e mellor.

Lembra que igual que houbo axudas para o kit dixital, "agora hai axudas do Ministerio, que se poden pedir para o kit de protección de ciberseguridade e tamén hai formación que ten o INCIBE e que temos na Cátedra".

No Congreso que organizan estes días en Santiago, os especialistas avalían tamén os retos de futuro en canto á seguridade dixital. "A día hoxe xéranse imaxes moi realistas con Intelixencia Artificial e vai ser o gran reto seguramente das próximas décadas", di Antonio Cebreiro, manager de seguridade da información.

Desde o punto de vista xurídico, José Julio Fernández, Catedrático de Dereito da USC, di que "o máis importante é garantir os dereitos fundamentais, a protección de datos, a intimidade, o dereito á propia imaxe, a honra".

"Os novos non se preocupan da ciberseguridade, pero son vítimas na mesma porcentaxe que os maiores; non fan contrasinais seguros, non protexen os seus datos en Internet".

Máis aló da necesidade dun regulamento legal da tecnoloxía, din que cómpre unha maior concienciación sobre o que facemos cada un de nós no mundo dixital, para evitar correr riscos ou viralizar información falsa. Porque os estudos evidencian que hai moito por facer calquera que sexa a idade dos usuarios, remarca Isabel Neira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade