Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés vence na pista do Bera Bera (28-30) e dálle caza no alto da táboa

O Mecalia Guardés vence na pista do Bera Bera (28-30) e dálle caza no alto da táboa

As guardesas suman 27 puntos, e superan ás donostiarras pola diferenza de goles particular

O Porriño non pode co Málaga (24-21) no primeiro partido tras a marcha de Paulina Buforn e Aitana Santomé

Foto: Óscar Araújo Foto: Óscar Araújo
G24.gal 31/01/2026 22:44

O Mecalia Guardés refíxose das dúas últimas derrotas na Liga do mellor xeito posible. Despois deses dous tropezos, mentres as de Ana Seabra estaban centradas na eliminatoria da European Cup, deron un golpe de autoridade na pista do líder, un Bera Bera que acumula tras derrotas consecutivas. Co triunfo, as galegas igualan con 27 puntos no máis alto, pero teñen mellor diferenza de goles particular.

O partido resolveuse na segunda metade, logo duns primeiros trinta minutos igualados, nos que as locais abriron unha pequena fenda (9-6). As galegas reaccionaron no treito final (13-12).

A continuación comezou cun parcial de 0-3 que lle deu a iniciativa ao Guardés. Pero o Bera Bera volveu equilibrar o choque. Nos últimos dez minutos as galegas estiveron máis atinadas, e conseguiron abrir unha fenda de 4 goles (25-29) que sentenciou o choque. Cecilia Cacheda comandou a anotación con 6 goles, escoltada por África Semere, Mendoza e Elena Martínez, que marcaron 4. 

Foto: @BmPorrino Foto: @BmPorrino

Pola súa banda, o Porriño non puido co Málaga, no primeiro encontro tras a saída de Paulina Buforn e Aitana Santomé. As de Isma Martínez caeron en terras andaluzas, nun choque que comezou a decidirse nunha primeira parte igualada, pero coa iniciativa local. Aos poucos, a vantaxe do Málaga foi subindo ata os 5 goles (15-10) e, ao descanso, era de 4 (16-12).

Nun partido de anotación baixa, o Porriño conseguiu colocarse a 3 a falta de cinco minutos pero, despois do tempo morto, dous goles locais rachaban o partido. Os dous últimos foron galegos, pero non puideron evitar unha derrota que deixa ao Porriño no sexto posto con 21 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade