Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manuel Guaita e Manuel Touza, premio Arquitectura para un mundo mellor

Manuel Guaita e Manuel Touza, premio Arquitectura para un mundo mellor

Os dous enxeñeiros da madeira recibiron o galardón pola súa influencia "na configuración da nova arquitectura galega"

G24.gal 31/01/2026 21:16 Última actualización 31/01/2026 22:04

Os enxeñeiro Manuel Guaita e Manuel Touza recibiron este sábado o IV premio Arquitectura para un mundo mellor no Hotel Monumento San Francisco de Santiago.

Con estes galardóns, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) quere poñer en valor as achegas doutros membros da sociedade á arquitectura e ao urbanismo.

Desta volta, distinguiu dous profesionais do ámbito da enxeñería polo seu “intenso labor docente, divulgativo e investigador en relación coa tecnoloxía e construción en madeira durante os últimos 25 anos en Galicia”.

Construción en madeira

Durante o acto, a arquitecta da oficina técnica do Consorcio de Santiago, Idoia Camiruaga, salientou a traxectoria de ambos os dous premiados.

"Son heroes que entenden que a madeira é o territorio, que é a base de conexión entre a terra e o que creamos".

Pola súa banda, o decano do COAG, Luciano Alfaya, dixo que co seu traballo contribuíron a difundir as posibilidades deste material e a incorporalo ao proceso construtivo.

"Influíron desde a súa disciplina na configuración da nova arquitectura galega e na visión do potencial do noso sector forestal".

O enxeñeiro agrónomo Manuel Guaita, catedrático da Universidade de Santiago e docente na Escola Politécnica de Enxeñería de Lugo, é director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE).

Pola súa banda, o enxeñeiro de montes Manuel Touza é técnico no Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade