Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maceda recupera unha das actividades perdidas do seu Entroido Rural: o Reinado

Maceda recupera unha das actividades perdidas do seu Entroido Rural: o Reinado

Antes dos días grandes da festa, a presenza dos felos facendo das súas polas aldeas é a alegría da veciñanza do val de Tioira

Unha actividade en que participan desde os máis pequenos ata os máis maiores e seguen a recuperar parte da historia perdida do seu Entroido

O felo é o personaxe protagonista do Entroido de Maceda
G24.gal 31/01/2026 21:30

E nas aldeas doutra vila ourensá, en Maceda, tamén xa están de Entroido. Hoxe a veciñanza dos oito lugares do val de Tioira enfrontáronse na loita de Regueifas do Reinado de Carguizoi e San Marta. Unha actividade máis do seu Entroido rural que se perdera hai uns 70 anos e que recuperaron en 2025. E non faltou a retranca, o sentido do humor e as trasnadas dos felos. 

"O lugar de Tioira anda acusando o gran reino de Garguizoi de varios roubos que sucederon na comarca e iso non pode ser, e ímolo resolver ante o Consello das Novas".

Así comeza esta ano a loita de requeifas entre a veciñanza dos oito lugares  do Val de Tioira. E así é o Entroido rural de Maceda, unha festa única que segue a recuperar a súa historia perdida

Os protagonistas, os felos son a alegría da xente que os agarda cada ano

"E  eles a nosa (alegría) porque se non houbese esa xentiña, sobre todo a maior, que se emociona ao vernos, perdería a súa esencia que é o Felo vaia a esas aldeas". 

"Que é o mellor do Entroido de Maceda? Os felos, porque os felos son os felos, é a autoridade do Entroido".

E os felos son pícaros e trastes por natureza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar